Os bombeiros de Pontevedraacudiron, o xoves 6 de abril, á rúa do Boi no número 25 , debido ao desprendemento de lousas da fachada. A intervención comezou ás 20:10, hora na que a policía local deu o aviso ao Parque Municipal de Bombeiros de Pontevedra.
Os profesionais que estaban de garda no momento acudiron á zona para fixar as lousas que se atoparon ao redor do perímetro da edificación. A pesar de todo, non houbo feridos e todo se realizou a través do procedemento habitual.
Do mesmo xeito, este venres 7 de abril recibiron un aviso ás 7:50 horas do 112 informando da saída de fume nunha casa abandonada. A vivenda está situada na rúa Rosalía de Castro á altura da Casa do Mar.
Todo empezou con dous pequenos focos, un nunha habitación e outro na planta superior. Os bombeiros pontevedreses extinguiron o lume sen maior transcendencia e inconvenientes.