Como viviron a misión de Afganistán os militares da Brilat? A resposta, na Subdelegación de Defensa

Pontevedra
19 de abril 2016

A poboación civil que queira aproximarse o máximo posible a como foron os últimos 14 anos de estancia do Exército español e da Brilat en Afganistán teñen unha oportunidade pasándose ata o vindeiro sábado 22 de abril polas instalacións da Subdelegación de Defensa en Pontevedra e visitar a exposición 'Misión: Afganistán'

Inauguración da exposición 'Misión: Afganistán' na Subdelegación de Defensa
Inauguración da exposición 'Misión: Afganistán' na Subdelegación de Defensa / Mónica Patxot

O xeneral xefe da Brigada de Infantería Lixeira (Brilat), Lus Cebrián Carbonell, ten das dúas misións que dirixiu en Afganistán -ningunha ao mando desta Brigada- "los mejores recuerdos de mi carrera, sin lugar a dudas". É unha habitual entre os militares españois que desde o ano 2002 formaron parte dalgún dos continxentes despregados neste país asiático. Por que? Para poder responder habería que vivir a experiencia, pero a poboación civil que queira aproximarse o máximo posible a como foron os últimos 14 anos de estancia do Exército español e da Brilat en Afganistán teñen unha oportunidade pasándose ata o vindeiro sábado 22 de abril polas instalacións da Subdelegación de Defensa en Pontevedra e visitar a exposición 'Misión: Afganistán'.

O xeneral Cebrián, a título persoal, sente "nostalgia por haber estado desempeñando mi trabajo en una operación que, siendo dura como era, una operación de combate, fue muy bonita"  e ten un magnifico recordo da operación e, sobre todo, dos soldados que serviron ás súas ordes, aínda que recoñece que tamén ten recordos doloros de abandonando a base. Non baixo o seu mando, pero Afganistán foi unha das misións máis tráxicas para o Exército español e para a Brilat en particular, na que perderon a vida a soldado da Brigada Idoia Rodríguez, primeira militar española falecida nunha zona de conflito, ou se rexistraron tráxicos sucesos como o do helicóptero Cougart, con 17 falecidos, 12 deles da Brigada con sede en Figueirido

A exposición estará aberta en horario de 9.00 a 14.00 horas e mostra ao público en xeral 27 fotografías e tres infografías seleccionadas do libro 'Misión: Afganistán' editado pola Subdirección Xeral de Publicacións e Patrimonio Cultural no ano 2012  co obxectivo de reflexar o labor que as tropas españolas no período 2002-2012.

Todas as imaxes e obxectos de apoio que se mostran están tomadas sobre o terreo, nas zonas nas que operaron tropas españolas durante a súa estancia en Afganistán, en practicamente todas elas a Brilat, pero nalgunhas non, e inclúe tamén a proxección dun vídeo con imaxes de testemuños de militares e cidadáns afgáns que falan do día a día da misión. Ao repecto, na inauguración da mostra este luns o xeneral indicou que "refleja muy bien la acción de los soldados, lo que vivimos, lo que vivieron y lo que experimentaron".

"Si veo las fotos, la mente me lleva de nuevo a un escenario muy bonito, pero tremendo, es desierto, es árido, es una situación de pobreza grande, es una gente con unas costumbres radicalmente distintas a las nuestras", explica o máximo responsable da Brigada, que considera que ver estas fotos "da una idea muy clara del trabajo hecho y de lo que vivimos". As fotografías foron realizadas por fotógrafos profesionais e algúns participantes na misión.

Está articulada de tal forma que permite ao visitante descubrir a organización e o funcionamento do despregamento español e, desta forma, entender o traballo dos militares que pasaron por Afganistán, entre os que houbo un centenar de baixas, por iso é polo que tamén se inclúan imaxes en recordo á soldado Idoia ou os restos do helicóptero Cougar.