Comisiones Obreras culpa o goberno da Deputación dos accidentes nas estradas provinciais

Pontevedra
13 de outubro 2016

Indican que desde o goberno provincial non se insta os empregados do Parque de maquinaria a realizar os traballos de reparación de firmes e retirada de maleza. José Ramón Piñeiro, representante de CC.OO., aposta por resolver o conflito cunha proposta onde todos os traalladores do Parque teñan un incremento de horas de traballo y dispoñibilidade para accidentes

Camión envorcado en Fontáns
Camión envorcado en Fontáns / Diego Torrado

O delegado sindical de Comisións Obreiras na Deputación, José Ramón Piñeiro, culpa ao goberno da Deputación de que se produzan accidentes como o sucedido hai uns días na estrada provincial de Santa María de Xeve no que envorcaba un camión que transportaba pedras.

Segundo o representante sindical, este accidente ocasionábase con motivo do mal estado do firme. E relaciona esta situación co conflito que desde o goberno provincial mantense cos traballadores do Parque de Maquinaria. Piñeiro insiste en que non se está utilizando a maquinaria pesada para traballar no mantemento das estradas. E engade que a maleza está a invadir a calzada e cubrindo os sinais de tráfico en diferentes puntos da rede viaria da provincia.

"É unha trampa mortal para os vehículos" afirmou asegurando que "podería haber mortos sobre a mesa" se en lugar dun camión o que circula por esa estrada é un autobús escolar.

Ante a continuidade do conflito laboral, Piñeiro indicou que os traballadores do Parque de Maquinaria están dispostos a negociar e a realizar unha proposta, tanto para condutores como para brigadas, na que se lles estableza unha dedicación especial con incremento de dúas horas de traballo e dispoñibilidade en caso de accidente para ofrecer unha resposta inmediata.

O representante de Comisións Obreiras apunta que o incremento económico que supoñería esta dedicación no orzamento da Deputación sería inferior aos 273.000 euros da partida aprobada recentemente polo goberno provincial para arranxos e rozas nas vías.

Desde Comisións Obreiras denúnciase que en 16 meses, o goberno que lidera Carmela Silva co apoio do BNG non investiu un euro na mellora das estradas e que isto forma parte da estratexia para privatizar despois estas intervencións en lugar de que as asuman os traballadores do Parque de Maquinaria.

Arquivado en