Colocan a primeira pedra da conserveira Orbe na Reigosa

Ponte Caldelas
23 de outubro 2014

Orbe pon en marcha a construción dunha planta na Reigosa, que suporá un investimento de 8 millóns de euros

Primeira pedra da nave de Orbe na Reigosa
Primeira pedra da nave de Orbe na Reigosa

Este xoves celebrouse o acto simbólico da colocación da primeira pedra da nova nave que a conserveira Orbe está a construír no polígono empresarial de A Reigosa en Ponte Caldelas.

Este acto foi presidido polo xerente da empresa, Juan José Vicente, e no mesmo estiveron presentes o alcalde da localidade, Perfecto Rodríguez, o presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez e  responsable de Xestur-Pontevedra, Javier Domínguez, entre outras autoridades.

Orbe comeza así o traslado da súa planta situada en Vigo ao polígono de Ponte Caldelas trala compra dunha parcela de 15.000 metros cadrados (con opción de compra de outros 9.000 metros cadrados situados ao carón).

A empresa conta con 150 empregados e a nave estará executada antes de finais de ano. O orzamento para a construción da nova nave roldará os 8 millóns de euros. ⿿Esta adquisición, realizada a Xestur, enmárcase dentro do proceso de expansión industrial da empresa co obxectivo de mellorar as súas infraestruturas e atender a demanda existente de produción⿝, explicou Juan José Vicente.

Orbe é unha conserveira con gran tradición na nosa provincia que factura cerca de 20 millóns ao ano.

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, destacou a presenza dunha nova firma no polígono de A Reigosa e engadiu que agarda que ⿿pouco a pouco outras firmas comecen este ano a construír as súas naves nesta área empresarial e que, en poucos anos, poida converterse nun motor de actividade empresarial e industrial e de xeración de emprego⿝.

Na actualidade, o parque empresarial de A Reigosa conta con 49 parcelas, das cales 24 atópanse xa vendidas e 2 reservadas. Once empresas atópanse xa instaladas e con actividade, ocupando 13 parcelas.

Arquivado en