Cheo no Teatro Principal para escoitar a primeira charla sobre a planta de compost

Pontevedra
10 de febreiro 2015

Ramón Plana, doutor en Bioloxía e experto en compostaxe, foi o encargado de inaugurar a primeira das xornadas técnicas que organizou o Concello de Pontevedra para explicar o proxecto da planta de compostaxe que proxecta, en colaboración coa Deputación, na parroquia pontevedresa da Canicouva

Charla sobre a compostaxe no Teatro Principal
Charla sobre a compostaxe no Teatro Principal / Mónica Patxot

Ramón Plana, doutor en Bioloxía e experto en compostaxe, foi o encargado de inaugurar a primeira das xornadas técnicas que organizou o Concello de Pontevedra para explicar o proxecto da planta de compostaxe que proxecta, en colaboración coa Deputación, na parroquia pontevedresa da Canicouva. Foi unha conferencia que demostrou o interese da xente por este asunto, ao encherse o lugar no que se celebrou, o Teatro Principal.

Na conferencia, Ramón Plana ampliou a postura adiantada en rolda de prensa esa mesma mañá. Durante preto de tres horas, explicou que se o proceso se fai correctamente e se teñen en conta os factores ambientais necesarios, non ten por que xerar problemas ou molestias os cidadáns do seu ámbito.

Admitiu que a elaboración do compost pode xerar certo olor, pero negou que haxa filtracións aos acuíferos, "salvo que todo se faga rematadamente mal".

Iso si, Plana reiterou que a clave do éxito deste proxecto reside en que se faga unha boa selección dos residuos nos fogares pontevedreses.

Entre os asistentes á charla non se encontraban os voceiros dos colectivos que xa se manifestaron radicalmente en contra deste proxecto, especialmente na parroquia de Ponte Sampaio. Aínda así, varias persoas mostraron o seu desexo que se facilite máis información sobre o proxecto e se resolvan as dúbidas que se están a sementar acerca da posible contaminación que poida xerar esta planta da Canicouva.

Arquivado en