CC.OO. Galicia insta a Elnosa e ás administracións a adoptar as medidas necesarias para garantir a continuidade en Lourizán

Pontevedra
21 de maio 2017

O congreso de Comisións Obreiras en Galicia celebrado esta semana aprobou unha resolución en defensa dos postos de traballo de Elnosa que constata o apoio do conxunto do sindicato na comunidad ás "xustas reivindicacións" dos traballadores da cloreira e a súa "exemplar e prolongada loita" 

Vista aérea da fábrica de Elnosa
Vista aérea da fábrica de Elnosa

O congreso de Comisións Obreiras en Galicia celebrado esta semana aprobou unha resolución en defensa dos postos de traballo de Elnosa que recibiu o apoio practicamente unánime dos delegados presentes e constata o apoio do conxunto do sindicato na comunidad ás "xustas reivindicacións" dos traballadores da cloreira e a súa "exemplar e prolongada loita".

A resolución dada a coñecer polo secretario de organización de CC.OO. en Pontevedra, José Luis García Pedrosa, insta á dirección da empresa e ás administracións implicadas a "adoptar tódalas medidas que sexan necesarias" para garantir a continuidade da actividade productiva e o mantemento de tódolos postos de traballo.

O congreso de CC.OO. insistiu en que o sindicato reivindica o papel do sector industrial como motor do cambio de modelo productivo e a situación actual de Elnosa é "precisamente un exemplo concreto e singular deste obxectivo" que se marcan.

Ao respecto, explican que como consecuencia dunha directiva da Unión Europea as empresas productoras de cloro en Europa teñen que cambiar a súa tecnoloxía ao remate do 2017 para deixar de utilizar o mercurio no seu proceso productivo, e substituílo por celdas de membrana, o que resulta un importante avance e mellora medio ambiental.

Segundo aseguran, este cambio no sistema productivo entronca coas reivindicacions históricas do seu sindicato de facer compatible o desenvolvemento industrial cun medio ambiente mais sostible e saudable para os propios traballadore e para a cidadanía.

O sindicato lembra que coa súa loita "decidida e constante" e o "apoio permanente" de Comisións Obreiras os traballadores de Elnosa conseguiron mudar un acordo de peche da empresa, pactado entre a dirección da empresa e a Xunta de Galicia, e o posterior compromiso da empresa de realizar unha inversión de 50 millóns de euros para levar á práctica o cambio tecnolóxico, o que permitirá non só manter o actual emprego, senón incrementalo

Arquivado en