A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, rexeitou o ofrecemento do goberno municipal de Poio para buscar unha saída negociada á situación da depuradora que precisa o municipio veciño.
Catalina González considera que o problema da localización desa infraestrutura lle corresponde asumilo ao seu homólogo poiense "xa que non é de recibo que teñamos que ser os veciños de Sanxenxo os que lles solucionemos os problemas aos de Poio".
Ofreceu, iso si, a súa total colaboración ao concello limítrofe para calquera cuestión, pero "neste tema xa deixamos claro nos últimos anos cal é o noso parecer, totalmente contrario a que a EDAR que necesita Poio estea situada en Sanxenxo".
Á súa vez, a alcaldesa púxose a disposición dos colectivos implicados na xestión e explotación da ría para explicarlles de primeira man a postura defendida polo goberno municipal de Sanxenxo e os antecedentes desta situación.