Cambian as pitadas por unha repartición de panfletos como xesto de "boa vontade"

Pontevedra
06 de maio 2016

Os traballadores do Parque de Maquinaria presentará o vindeiro luns no rexistro da Deputación unha petición de entrevista coa presidenta, Carmela Silva e o vicepresidente, César Mosquera, para "buscar unha saída" a esta situación de conflito aberta

Asamblea do Parque de Maquinaria
Asamblea do Parque de Maquinaria / PontevedraViva

Os traballadores do Parque de Maquinaria presentará o vindeiro luns no rexistro da Deputación unha petición de entrevista coa presidenta, Carmela Silva e o vicepresidente, César Mosquera, para "buscar unha saída" a esta situación de conflito aberta.

Segundo explicou José Ramón Piñeiro, delegado de Comisións Obreiras na Deputación, como xesto de "boa vontade" este venres non acudiron "a pitar" ao Pazo Provincial senón que optaron por distribuír dez mil papeis nos que explican a súa versión deste conflito laboral que lles mantén enfrontados co goberno provincial.

"Co ánimo de buscar un punto de encontro e abrir unha vía de diálogo" tamén suspenden as protestas ante a sede institucional durante a próxima semana.

Mentres tanto decidiron arrincar esta campaña informativa na sede do BNG en Pontevedra onde fixeron entrega dun destes panfletos cos que "queren trasladar á opinión pública as falsidades que está a utilizar o señor Mosquera",  en referencia ás declaracións do vicepresidente da Deputación sobre as nóminas que perciben estes traballadores.

Arquivado en