Nenos e nenas que teñan entre 7 e 15 anos poderán acompañar aos Reis Magos na cabalgata do 5 de xaneiro en Vilagarcía de Arousa.
Un ano máis, o Concello oferta 60 prazas, 24 nas carrozas dos Reis (rapaces de 7 a 9 anos) e 36 nas de agasallos (de 10 a 15 anos).
A inscrición abrirase o luns 9 de decembro e pecharase o mércores 18. Poderá facerse por dúas vías: presencialmente, no Rexistro municipal, de 8:30 a 14:30, de luns a venres, ou telematicamente, na sede electrónica do Concello: sede.vilagarcia.gal.
É preciso ter en conta que as admisións realizaranse por rigoroso orde de anotación.
A lista farase pública o día 26 de decembro, na web municipal (www.vilagarcia.gal), na sede electrónica e nas propias oficinas da Concellería de Cultura (auditorio, primeiro andar).
No caso de que haxa máis demanda que oferta, crearase unha lista de agarda.
Os participantes deberán ir ataviados con vestimenta de cor negro (pantalón tipo malla, xersei e zapatos ou botíns) e o Concello prestará o resto da vestimenta (casaca e tocado). Recollerase o día 2 de xaneiro, en horario de 9:00 a 13:00 horas.