O proceso de selección do persoal para empresa Conservas Orbe afrontarase neste mes de abril e farase no Centro Cultural a cargo de técnicos da empresa de traballo temporal (ETT) Randstad. Serán nun principio 50 mulleres da vila.
O Concello de Ponte Caldelas estará ao marxe, pero "vixiante" para que as candidatas seleccionadas cumpran co compromiso de que sexan residentes, con antigüidade, no municipio.
Este anuncio se fixo no Pleno no que se aprobou a declaración de "especial interese municipal" por concorrer circunstancias de fomento de emprego do proxecto modificado da conserveira Orbe o que supón unha bonificación á empresa do 50% no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).
Ademáis a dación de conta da liquidación do orzamento de 2015 e o informe de Intervención sobre a loita contra a morosidade do cuarto trimestre marcaron a celebración do Pleno da Corporación Municipal no que se aprobou a adhesión do concello á Rede de Cidades Amigas dos Nenos e o convenio de colaboración coa Deputación para a recollida de vehículos abandoados.
Ponte Caldelas rebaixará a súa débeda a finais do presente exercizo por debaixo dos 700.000 euros
O alcalde Andrés Díaz deu conta diante do Pleno da liquidación do orzamento do 2015 e do Informe de Intervención sobre as medidas de loita contra a morosidade que permiten asegurar que o Concello de Ponte Caldelas rebaixará a súa débeda a finais do presente exercizo por debaixo dos 700.000 euros "correxindo unha débeda pública herdada do anterior goberno de 1.226.000 euros".
O alcalde salientou que o informe certifica que se cumpren sobradamente os ratios marcados polo Ministerio de Hacienda e unha estabilidade orzamentaria que permite o pagamento medio a proveedores de 15 días unha vez que os servicios técnicos se cercioran e dan o visto e prace ao abono da factura por corresponderse co contratado.