Batalla de flores entre o Paseo Alcalde Blanco e o casco urbano de Marín

Marín
14 de maio 2022

Nestas últimas semanas, o Concello vén de colocar un total de 3.400 plantas entre o Paseo Alcalde Blanco e as xardineiras das principais rúas de Marín

Xardineiras das principais rúas de Marín
Xardineiras das principais rúas de Marín / Concello de Marín

Nestas últimas semanas, o Concello vén de colocar un total de 3.400 plantas entre o Paseo Alcalde Blanco e as xardineiras das principais rúas de Marín.

No caso do Paseo, que acaba de ser remodelado, tamén que no respecta á súa parte vexetal, plantáronse Anigozanthos, Phormiun tenax Special Red , Carex testacea Prairie Fire, Dietes bicolor, Pennisetum Rubrum-Sky Rocket, Kniphofia uvaria, Tulbaghia violacea, Lantana montevidensis e tres tipos de Phoenix roebelenii.

No resto do casco urbano, escolléronse alegrías e begonias, pola súa durabilidade e colorido.