Barro e Pontevedra piden a Fomento cambiar o trazado do último treito da autovía A-57

Pontevedra
18 de setembro 2018

Un 'cumio' pola A-57 reuniu este martes na Subdelegación do Goberno a representantes do ministerio de Fomento e aos alcaldes de Pontevedra e Barro. Sobre a mesa, un posible cambio do trazado do último tramo desta autovía, o que conectará Xeve coa autoestrada AP-9 e a autovía do Salnés en Curro

Reunión entre Fomento e os concellos de Barro e Pontevedra pola A-57
Reunión entre Fomento e os concellos de Barro e Pontevedra pola A-57 / Mónica Patxot

Un 'cumio' pola A-57 reuniu este martes na Subdelegación do Goberno a representantes do ministerio de Fomento e aos alcaldes de Pontevedra e Barro. Sobre a mesa, un posible cambio do trazado do último tramo desta autovía, o que conectará Xeve coa autoestrada AP-9 e a autovía do Salnés en Curro.

O trazado elixido polo Goberno, en contra das alegacións presentadas polos dous concellos polos que discorrerán os dez quilómetros deste tramo, xerou unha gran preocupación no municipio de Barro.

Segundo explicou o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, o problema concéntrase no último quilómetro. O Concello defende que a A-57 conecte coa peaxe da autoestrada, mentres que a alternativa elixida "iría ao núcleo habitado de Curro", nas inmediacións da igrexa, o que tería un "impacto social moi grande" na parroquia.

"O resto do trazado é asumible", defendeu o alcalde de Barro, que advertiu que "imos a seguir pelexando" para que Fomento varíe esta conexión antes de que se redacte o proxecto definitivo e se inclúan as modificacións solicitadas con respecto a esta ligazón.

O cambio, segundo Fernández Abraldes, é "viable", tería unha menor incidencia sobre o territorio e os veciños e, por tanto, sería "moito máis lóxica".

Esta solución foi apoiada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que reclamou o "mínimo impacto posible" para o trazado entre Pilarteiros (Xeve) e Curro e que se axilicen os trámites para que a autovía se complete "o antes posible".

Á reunión, xunto coa subdelegada do Goberno, Maica Larriba, acudiron Rosalía Bravo, subdirectora de Proxectos do Ministerio de Fomento; ou Ángel González do Río, xefe da Demarcación de Estradas de Galicia.

Todos eles comprometéronse a que as condicións técnicas do proxecto póidanse compaxinar con aspectos "máis sensibles" como a súa afección sobre o territorio e defenderon que seguirán traballando para lograr as "mellores condicións posibles" para este tramo.

Arquivado en