Bará cualifica de "pernada medio ambiental" a permanencia de Elnosa na ría máis aló de 2018

Pontevedra
13 de setembro 2017

O deputado do BNG por Pontevedra Luís Bará na súa intervención no Parlamento de Galicia deste mércores acusou ao goberno da Xunta de ter adoptada xa a decisión política, "que non técnica", de prorrogar á localización de Elnosa na ría máis alá de 2018, "seguindo o mesmo guión que con ENCE"

Luis Bará, deputado do BNG
Luis Bará, deputado do BNG /

O deputado do BNG por Pontevedra Luís Bará na súa intervención no Parlamento de Galicia deste mércores acusou ao goberno da Xunta de ter adoptada xa a decisión política, "que non técnica", de prorrogar á localización de Elnosa na ría máis alá de 2018, "seguindo o mesmo guión que con ENCE".

Bará lembrou que a Xunta está a incumprir o acordo asinado coa dirección da cloreira na que se establecía 2016 como data límite para a saída de Lourizán. "Asinan vostedes os convenios en papel tisú e xa sabemos para que se usa este papel", ironizou.

O deputado nacionalista dixo que a Xunta "está facéndolle o traballo sucio a Elnosa, como antes fixo con ENCE, practicando o dereito de pernada ambiental, retorcendo a lei, con portas xiratorias incluídas, usando métodos franquistas para regalarlle 12.000 metros cúbicos de solo público a unha empresa privada contaminante".

Pola súa banda, a resposta que se lle deu desde a administración galega é que se lle darán a Elnosa as autorizacións que necesite para continuar en Pontevedra "se cumpre coa legalidade".

Para seguir en activo, "deberá adaptarse ás esixencias da normativa europea", indicaron desde a Xunta, en alusión á prohibición comunitaria de empregar mercurio nos procesos de produción máis aló do 11 de decembro de leste mesmo ano.

CONCENTRACIÓN FRONTE AO PARLAMENTO

Mentres se desenvolvía este debate unha ducia de traballadores de Elnosa protestaba fronte ao Parlamento de Galicia para criticar ao BNG, ao que acusa de "querer pechar" a súa empresa, e para cargar contra o "sátrapa" Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.

O presidente do comité de empresa, Avelino Martínez, asegurou que "é denigrante vir ao Parlamento para pedir o peche de empresas", e insistiu en que os traballadores seguirán "pelexando" polos empregos "estables e de calidade" que mantén Elnosa, aos que sumou outros 200 postos de traballo tendo en conta a actividade indirecta. "Non andamos sobrados para desperdiciar iso", concluíu o presidente do comité de empresa.

Arquivado en