A construción da planta de compostaxe na Canicouva deu este mércores un paso máis ao aprobarse nunha xunta de goberno extraordinaria o contrato de aluguer dos terreos.
Desta forma o goberno local acepta as condicións propostas para a cesión de 10 hectáreas, propiedade da comunidade de montes, destinadas á construción da planta.
Trátase dun trámite imprescindible para avanzar na tramitación do proxecto.
Ao falta de formalizar agora o contrato cos comuneiros, o Concello de Pontevedra farase cargo desde este momento dos terreos por un período de 30 anos, nos que deberá de abonar 2.000 euros de canon mensual, ao que se sumará no futuro unha renda anual variable de 0,40 euros por tonelada procesada.
"Nin de lonxe ocuparanse as 10 hectáreas", sinalou Raimundo González como portavoz do grupo de goberno ao explicar que a planta ocupará aproximadamente unha hectárea e media, realizando no resto dos terreo tratamentos de silvicultura.