Audasa estrea o ano cunha subida das peaxes da autoestrada AP-9

Pontevedra
31 de decembro 2021

Coas badaladas desta medianoite as peaxes da AP-9 volverán, por cuarto ano consecutivo, a ser os que máis se encarezan de toda España. No novo ano Audasa aplicará unha subida do 0,92 % nas peaxes da autoestrada

Peaxe da autoestrada AP-9
Peaxe da autoestrada AP-9 / Mónica Patxot

Coas badaladas desta medianoite as peaxes da AP-9 volverán, por cuarto ano consecutivo, a ser os que máis se encarezan de toda España. No novo ano Audasa aplicará unha subida do 0,92 % nas peaxes da autoestrada.

Curiosamente o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana rebaixará con carácter xeral un 0,11% as actuais tarifas das autoestradas dependentes do Estado para partir do 1 de xaneiro de 2021, segundo informou nun comunicado.

O deputado do BNG, Néstor Rego considera "inaceptábel" que se anuncie que novamente a Autoestrada do Atlántico é a que máis sobe do Estado en vez de aplicar xa os descontos previstos no acordo de investidura que teñen, ademais, consignación orzamentaria e reclama ao goberno que cumpra os compromisos adquiridos coa Galicia.

Tendo en conta que os orzamentos ficaron aprobados no pasado 23 de decembro para o BNG resulta "inexplicábel" que o goberno non fixese aínda as modificacións regulamentarias necesarias para poder aplicalos desde 1 de xaneiro de 2021. 

"O Goberno ten de cumprir os compromisos que adquiriu", insistiu Rego.

O BNG vén reclamando de forma reiterada ao Ministerio que poña en marcha as medidas necesarias para poder aplicar estas rebaixas. No pasado día 27 a portavoz nacional, Ana Pontón, dirixiu unha carta ao Ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, para exixirlle a "aplicación inmediata desta medida", cuestión que o deputado no Congreso, Néstor Rego, reiterou públicamente aínda no día de onte.

"Esperamos que non esteamos diante dun novo incumprimento do Goberno co noso país e dun novo acto de discriminación á Galiza", concluíu Rego.