Asegurado o transporte público na Canicouva mentres duren as obras na A-57

Pontevedra
07 de agosto 2022

Representantes do goberno local mantiveron ao longo das últimas semanas diversas reunións coas administracións responsables das obras da A-57 en relación cos cortes de tráfico na estrada de acceso á Canicouva desde Figueirido co fin de solucionar as inquedanzadas da veciñanza

A Canicouva
A Canicouva / PontevedraViva

A veciñanza da Canicouva terá asegurado o servizo de transporte público durante o tempo que duren as obras da A-47, segundo confirmou o Concello de Pontevedra esta semana.

Representantes do goberno local mantiveron ao longo das últimas semanas diversas reunións coas administracións responsables das obras da A-57 en relación cos cortes de tráfico na estrada de acceso á Canicouva desde Figueirido co fin de solucionar as inquedanzadas da veciñanza.

Deste xeito, chegaron ó acordo de que, para que as obras tivesen o mínimo impacto na vida dos veciños e veciñas, a empresa de transportes contará con novos horarios e rutas a partir deste luns 8 de agosto.

Desde o Concello aseguran que a empresa xa publicou os horarios e rutas e insisten en que, para maior comodidade dos veciños, retrasaron o inicio das obras porque a parroquia estaba celebrando as festas e precisaba total normalidade nas estradas. 

Doutra banda, o Concello tamén trasladou no seu día que no tramo da estrada no que se actúe como consecuencia das obras da autovía, que é de máis dun quilómetro, deben ser ofrecidas unhas maiores condicións de seguridade e accesibilidade; coa creación dun vial máis ancho con arcéns, dos que non dispón na actualidade; ademais da eliminación de varias curvas para acadar unha maior seguridade viaria.

Arquivado en