As obras da autovía A-57 na Fracha aínda non chegaron á cuarta parte

Pontevedra
19 de marzo 2019

O Ministerio de Fomento informou que as obras do primeiro tramo da Autovía A-57 no tramo entre Vilaboa e A Ermida "alcanzan, a data de xaneiro de 2019, un avance superior ao 20,53%"

Obras da autovía A-57 na Fracha
Obras da autovía A-57 na Fracha / Salvemos A Fracha

O Ministerio de Fomento informou que as obras do primeiro tramo da autovía A-57 no tramo entre Vilaboa e A Ermida "alcanzan, a data de xaneiro de 2019, un avance superior ao 20,53%".

Así responderon desde o Goberno á pregunta formulada pola deputada pontevedresa Pilar Rojo na que tamén se interesaba pola situación destes traballos iniciados na Fracha en outubro do ano 2015 pola entón ministra de Fomento, Ana Pastor.

Respecto ao segundo tramo entre A Ermida, en Marcón - Pilarteiros, en Xeve, a resposta gobernamental é que "recibidas as alegacións o Ministerio realizará a análise das mesmas, co obxectivo de incorporar todas aquelas que poidan contribuír á mellora dos proxectos e das actuacións".

A A-57 desenvólvese en tres tramos. O de Vilaboa- A Ermida, en execución; o tramo entre  Ermida e Pilarteiros, cuxo deseño atopou un forte rexeitamento veciñal e o tramo Pilarteiros - Barro e conexión coa AP-9 en Curro, cuxo estudo informativo foi aprobado o pasado verán.

Arquivado en