Membros da Asociación ambientalista Vaipolorío informaron dunha vertedura ao cauce do río dos Gafos producida este mércores ás 19:18 horas.
Os ecoloxistas foron alertados por una veciña de Tomeza da localización da vertedura no río Pombal, afluente do río Tomeza (Gafos), o que puxeron en coñecemento do 112 Galicia.
Persoal de Augas de Galicia acudiu ao lugar e tomou mostras da auga.
Este xoves ás 8,30 horas a vertedura era totalmente visible dende a rúa Xeneral Rubín chegando á ría de Pontevedra.
Dende Vaipolorío aseguran que esta vertedura de terra e lodos "provén das obras de construción da autovía A-57" que discurre polo monte da Fracha.