As fortes choivas provocan danos no bombeo de augas residuais de Aguete

Marín
11 de abril 2018

Tras detectarse anomalías na Estación de Bombeo de Aguas Residuales da Goleta (Marín), técnicos do Concello e persoal da empresa encargada do mantenemento das instalacións traballan para restablecer o servizo

Momento das comprobacións nos equipos de bombeo en A Goleta
Momento das comprobacións nos equipos de bombeo en A Goleta / Concello de Marín

Este mércores detectouse un problema no funcionamento da Estación de Bombeo de Augas Residuais na zona da Goleta, en Marín. Tras o descubrimento dun comportamento anómalo na rede de bombeo, o Concello xa realizou comprobacións na instalación para chegar á orixe do problema.

Esta anomalía está a orixinar alivios puntuais na praia de Aguete, unha zona que xa sufriu modificacións noutras ocasións, por causa dos temporais, a instalación do dique portuario e a propia actividade humana.

Os equipos que están a realizar as comprobacións sospeitan que a causa dos danos está na gran cantidade de arrastres de materiais que se produciron por mor das intensas choivas que aumentaron nas últimas semanas.

Así mesmo, o aumento do caudal producido polas mencionadas choivas superaron de forma puntual a capacidade da instalación. Durante as últimas horas, servizos técnicos do Concello xunto con persoal da empresa encargada do mantemento das infraestruturas traballaron para restablecer o servizo en condicións normais.