A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, reuniuse este luns coa Asociación de Confrarías do Fondo da Ría, os que manifestaron a súa preocupación ante a necesidade de acometer o saneamento da zona de Raxó, en Poio, coa construción dunha depuradora de augas residuais.
A rexedora local manifestou o seu acordo coa urxencia de solucionar esta situación, pero explicou a postura do Goberno sanxenxino, que defende que lle corresponde ao Executivo poiense solucionar esta carencia.
Durante o encontro, Catalina González insistiu, pois, en que a localización proposta polo alcalde do municipio limítrofe, Luciano Sobral, en Pampaído "non é unha opción factible porque non lle corresponde aos veciños de Dorrón asumir os problemas dos de Poio".
"Para min é unha satisfacción a implicación que amosaron os colectivos á hora de buscar eles mesmos unha situación idónea que despois lle presentarán ao goberno de Poio para pedírllelo seu apoio", apuntou a alcaldesa.