"Apoio total e sen fisuras" ao Porto por parte do PP de Marín

Marín
26 de novembro 2014

A Xunta Directiva do Partido Popular de Marín recolleu a preocupación dos afiliados pola situación xurídica do Porto tras a sentenza firme que obriga a derrubar os recheos

Xunta Directiva do PP de Marín
Xunta Directiva do PP de Marín /

A Xunta Directiva do Partido Popular de Marín recolleu a preocupación dos afiliados pola situación xurídica do porto tras a sentenza firme que obriga a derrubar os recheos.

Na reunión ordinaria celebrada o pasado martes, a Xunta Directiva tivo a ocasión de escoitar as explicacións xurídicas sobre os distintos recursos formulados asi como da situación de varias das empresas afectadas.

Os populares expresaron o seu "apoio total e sen fisuras" á xestión levada a cabo, e unha "defensa a ultranza" do porto "como motor económico, empresarial e industrial máis importante de Marín".

Ademais deste apoio explícito, por parte do secretario do partido, Manuel Santos, e do de Organización, que ocupa Pablo Novas, tamén se repasaron outros temas como as principais actuacións urbanas e das distintas parroquias do rural.

A reunión, que se prolongou durante case dúas horas, suscitou moita expectación como demostrou a numerosa asistencia rexistrada.

Finalmente a Xunta Directiva felicitou o equipo de goberno local pola súa xestión e animáronos "a non baixar a garda".