Anuncian restricións en Poio pola escaseza de auga

Poio
26 de xullo 2022

O alcalde de Poio, Luciano Sobral anunciou este martes que vai aprobar un bando con medidas restritivas do consumo de auga tras decretar a Xunta de Galicia situación de pre-alerta debido ós problemas de seca que estamos padecendo polas condicións climatolóxicas adversas, a falta de precipitacións e as altas temperaturas

Unha persoa collendo auga da billa
Unha persoa collendo auga da billa / Cristina Saiz

O alcalde de Poio, Luciano Sobral anunciou este martes que vai aprobar un bando con medidas restritivas do consumo de auga tras decretar a Xunta de Galicia situación de pre-alerta debido ós problemas de seca que estamos padecendo polas condicions climatolóxicas adversas, a falta de precipitacions e as altas temperaturas.

"A situación é complicada, nós notámolo tamén nas captacións que temos no río Mouro e en Samieira nas que se ve que a baixada do caudal é moi grande", comentou o alcalde.

Así, o Concello de Poio apela á responsabilidade de tódolos veciños ante a necesidade de aforro e un consumo responsable de auga. 

Por estes motivos no Bando insistirase en que "débese consumir a auga estrictamente necesaria e non malgastala", polo que se restrinxe o uso da rede municipal de auga para baldeos tanto en espazos públicos como privados, para o recheo de piscinas e o lavado de coches.

Do mesmo xeito restrínxense as duchas e os lavapés das praias e reduciránse as regas dos xardin públicos e privados.

Pero, fundamentalmente, manterase unha "especial atención a detención de fugas".

Dende o Concello rogan "a colaboración de tódolos usuarios para que se faga un uso racional da auga e así poder mellorar o servicio".

 

Arquivado en