O Concello de Pontevedra ampliará o horario de veladores (mesas e cadeiras) na vía pública desde a noite do 9 de xullo (00:00 horas) até o 4 de setembro, ambos días incluídos. Tamén inclúe a ampliación entre o 22 e 25 setembro con motivo da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon.
Segundo informou Eva Vilaverde, responsable da ocupación do espazo público a nova resolución indica que, isto é debido ás festas do verán e da Peregrina coincidindo coas vésperas de San Bieito e da Feira Franca.
Deste xeito, os horarios quedan comprendidos con carácter xeral até as 2.00 da madrugada; os sábados, domingos e festivos até ás 2.30 horas; e na semana das Festas da Peregrina (do 13 ao 21 de agosto ambos incluídos) até as 2.30 horas.