Ameazan con estender o conflito do parque de maquinaria ao resto da administración provincial

Pontevedra
22 de abril 2016

As escaleiras do Pazo Provincial volveron a reunir este venres aos traballadores do Parque de Maquinaria convocados polo sindicado Comisións Obreiras para protestar pola suposta "privatización" deste servizo que, ao seu xuízo, está a impulsar a Deputación

Protesta dos traballadores do parque de maquinaria / PontevedraViva

As escaleiras do Pazo Provincial volveron a reunir este venres aos traballadores do Parque de Maquinaria convocados polo sindicado Comisións Obreiras para protestar pola suposta "privatización" deste servizo que, ao seu xuízo, está a impulsar a Deputación.

Os representantes de CC OO, José Luis García Pedrosa e José Ramón Piñeiro, afirman que o goberno provincial está "a desprestixiar" a este colectivo de traballadores para, "igual que fixeron no concello de Pontevedra, externalizar este servizo en empresas privadas".

Nesta "estratexia" que apunta Comisións Obreiras enmarcan a decisión do goberno provincial de "darlles o diñeiro aos concellos para que xestionen e así a administración provincial vai perdendo a súa funcionalidade" e tamén sitúan nesta dinámica as declaracións do vicepresidente da Deputación, César Mosquera, por afirmar que algún funcionario do Parque de Maquinaria "cobra máis que a propia presidenta provincial".

José Ramón Piñeiro defendeu que algúns salarios de funcionarios do Parque de Maquinaria cobran nóminas nas que se inclúen complementos específicos, de destino, quilometraxe, dietas e pernoitas que nalgunhas ocasións elevan as nóminas, "pero eso non se pode considerar como salario".

Os representantes sindicais anunciaron que acudirán ao próximo pleno da Deputación para explicar estas cuestións e esperan solicitar o apoio do Partido Popular nestas demandas.

Finalmente, o delegado de CC.OO., José Ramón Piñeiro, advertiu que "estes traballadores son a antesala do resto, e dicir, esta postura nos vai levar a unha folga xeral de toda a administración".

Arquivado en