Agustín Fernández insta a Lores a romper o seu pacto con Louzán despois das críticas do presidente da Deputación

Pontevedra
22 de xaneiro 2015

Se días atrás era o voceiro local do PP, Jacobo Moreira, quen esixía ao PSOE "que rompan el pacto de gobierno o, en caso contrario, que se callen", agora son os socialistas os que piden nun comunicado que se rompa un acordo que entende "resulta xa insostible" e que califica de " verdadeiramente caótico"

Agustín Fernández e Antón Louro
Agustín Fernández e Antón Louro / Mónica Patxot

O secretario local do PSdeG e concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, cre que o pacto entre o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, debe chegar ao seu fin.

ÿ a reacción do concelleiro socialista "despois do espectáculo protagonizado durante os últimos días por líderes locais do BNG e do PP a propósito da construción da hipotética planta provincial de tratamento de lixo".

Se días atrás era o voceiro local do PP, Jacobo Moreira, quen esixía ao PSOE "que rompan el pacto de gobierno o, en caso contrario, que se callen", agora son os socialistas os que piden nun comunicado que se rompa un acordo que entende "resulta xa insostible" e que califica de "verdadeiramente caótico".

No seu escrito o PSOE sostén que grazas a súa "alerta" moitos colectivos sociais puideron acceder "á información que lles trataban de ocultar".

Agustín Fernández sinala que "onte atopámonos coa furibunda reacción de Louzán, como un polo sen cabeza que se decata tarde do engano. E como non sabe ben a quen culpar dispara indiscriminadamente".

Dende o grupo municipal do PSOE afirman sentir "bochorno" ao ver aos responsables do BNG e do PP "culpándose dos erros na tramitación da planta provincial de tratamento de lixo".

Os socialistas din que a busca dos terreos se fixo en base a "criterios políticos e prescindindo do procedemento administrativo e de criterios técnicos".

Finalmente conclúe o escrito dicindo que "Louzán e Lores deben ter máis respecto polos veciños de Pontevedra e explicarlles non só o impacto ambiental, senón tamén o custo económico que este disparatado proxecto tería, de levarse a cabo".

Arquivado en