A sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a validez da renovación da autorización ambiental integrada outorgada en 2010 pola Xunta a Electroquímica do Noroeste, Elnosa.
O alto tribunal galego desestima a denuncia presentada polo Concello de Pontevedra no ano 2011 contra a decisión adoptada un ano antes ao aceptar os argumentos que os representantes da empresa cloreira e da Xunta presentaron nos seus recursos de casación.
A sentenza, do pasado mes de novembro, é recurrible ante o Tribunal Supremo e o propio TSXG.
É a segunda sentenza sobre este asunto, despois de que o Supremo ordenase repetir a resolución.