A Xunta rebaixa un 20% os prezos da central de transportes da Reigosa

Ponte Caldelas
11 de novembro 2013

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) saca a concurso a venda de chan industrial da súa propiedade, entre elas a Central de transportes da Reigosa en Ponte Caldelas, cunha rebaixa do 20%. A Central de Transportes encóntrase completamente baleira. Custou 3,5 millóns de euros e dende a súa inauguración, en xullo de 2005, esta instalación nunca tivo actividade

Polígono industrial da Reigosa, Ponte Caldelas
Polígono industrial da Reigosa, Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) saca a concurso a venda de chan industrial da súa propiedade, entre elas a Central de transportes da Reigosa en Ponte Caldelas, cunha rebaixa do 20%.

A Central de Transportes encóntrase completamente baleira. Custou 3,5 millóns de euros e dende a súa inauguración, en xullo de 2005, esta instalación nunca tivo actividade.

A Xunta, ademais da rebaixa no prezo, ofrece facilidades de pagamento co fin de poder adxudicar algún dos seus 60 soares dispoñibles, repartidos nos 87.000 metros cadrados.

O IGVS vende ata as prazas de aparcadoiro, un total de 20 espazos que oscilan entre os 141 e os 148 metros cadrados e cun prezo, sen IVE de 65 euros por metro.

En canto ao polígono da Reigosa, son un total de 178.470 metros cadrados repartidos en 23 parcelas e unha reserva de 14.794. O seu prezo oscila entre os 75,6 e os 95 euros por metro cadrado.

Arquivado en