A Xunta de Galicia insiste en que a execución da sentenza que ilegalizara os 300.000 metros de recheos realizados no Porto de Marín é "técnica e ambientalmente imposible".
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, insistiu este martes neste argumento, que o Goberno galego e os grupos parlamentarios do PP, o BNG e o PSdeG-PSOE xa achegaron no Parlamento, durante unha visita institucional ao Concello de Marín para participar na Comisión de Seguimento do Litoral.
Ethel Vázquez sinalou que "dende a Xunta de Galicia vemos que hai imposibilidade técnica de executar ese tema" e que "é imposible volver á situación orixinal" e previa aos recheos realizados pola Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.
María Ramallo: "El Puerto tiene la razón, lo que falta es que se la den"
Avanzou que o obxectivo da Xunta é "traballar para buscar a solición xurídica correcta para que as propias empresas que operan no Porto de Marín sigan operando con garantía xurídica" e especificou que a Administración galega non pediu a inexecutabilidade da sentenza, senón que o organismo que é competente para facelo é a Autoridade Portuaria.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, indicou que, na súa opinión, "el Puerto tiene la razón, lo que falta es que se la den", pois "no se puede exigir normativas que en el año 2000 no estaban en vigor". Na súa opinión, hai que esperar a que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolva a petición de inexecutabilidade formulada pola Autoridade Portuaria e "agotar todos los cauces hasta el final" e "pelear todos los recursos hasta el final".