A Xunta descarta o proxecto de parque loxístico de Telmo Martín e o 'porto seco' en Leborei

Pontevedra
07 de maio 2014

O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia aprobado pola Xunta descarta o proxecto de área loxística presentado no ano 2010 polo presidente local do Partido Popular, Telmo Martín, nas marxes do río Dos gafos, entre Tomeza e Vilaboa

Telmo Martín presentando o seu proxecto de parque loxístico ao presidente da Deputación
Telmo Martín presentando o seu proxecto de parque loxístico ao presidente da Deputación / Deputación de Pontevedra

O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia aprobado pola Xunta descarta o proxecto de área loxística presentado no ano 2010 polo presidente local do Partido Popular, Telmo Martín, nas marxes do río dos Gafos, entre Tomeza e Vilaboa. O Plan Sectorial tampouco considera a opción dun porto seco en Leborei-Cerponzóns, defendida polo goberno local.

Os únicos polígonos incluídos son as ampliacións do Campiño e A Reigosa, o da Ran en Cuntis, unha nova fase en Barro-Meis, o de Fragamoreira en Poio, e o parque empresarial de Marín-Pornedo. Se existise unha "demanda real" que o xustificase ampliaríanse os parques xa existentes.

A decisión do goberno de Núñez Feijóo foi aplaudida polo colectivo Vaipolorío que dende o primeiro momento se opuxo frontalmente a este proxecto para a zona dos Gafos declarada como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

Arquivado en