A Xunta afirma que non lle corresponde fixar a distancia mínima para separar os crematorios das vivendas

Pontevedra
21 de marzo 2014

O Partido Popular anunciou que correspóndelle a cada concello fixar a distancia mínimas para separar os crematorios das vivendas xa que as distancias mínimas deben analizarse caso por caso, segundo as características de cada proxecto

O Partido Popular anunciou que correspóndelle a cada concello fixar a distancia mínimas para separar os crematorios das vivendas xa que as distancias mínimas deben analizarse caso por caso, segundo as características de cada proxecto.

Foi a resposta obtida pola parlamentaria socialista Carmen Gallego cando preguntou na Cámara galega acerca das previsións do futuro regulamento de policía sanitaria e mortuoria.

A representante do PP, Marta Rodríguez Vispo, asegurou que no caso dos crematorios "non existen distancias mínimas seguras nin máximas inseguras, depende de cada caso concreto e circunstancias como situación, réxime de vento e outros factores que poidan influír nunha hipotética contaminación ambiental".

A resposta deixa o problema en mans dos concellos. Precisamente, o concelleiro de Urbanismo de Pontevedra, Antón Louro, esperaba que o novo decreto de policía mortuoria fixara esas distancias mínimas mediante unha norma xeral para toda Galicia.

A plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste esixe que calquera instalación deste tipo se sitúe a un mínimo de 500 metros de calquera vivenda.