A Xunta, a través da sociedade pública Xestur, aboará este mes 2,9 millóns de euros aos propietarios dos terreos expropiados para o parque empresarial da Reigosa, en Ponte Caldelas.
Esta proposta, entre outras, veñen de autorizarse no Consello de Administración de Xestur.
Posteriormente, nos meses de maio e agosto de 2016 aboaranse os intereses, ascendendo a máis de 1,51 millóns de euros. O abono realizarase en dous pagos do 50 por cento da contía dos xuros.
En total, Xestur pagará á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Reigosa máis de 3,95 millóns de euros.