A Plataforma Non á Ampliación da Depuradora dos Praceres ven de rexistrar en Augas de Galicia a solicitude para formar parte da mesa do plan de saneamento local da Ría de Pontevedra como "membro de pleno dereito, con voz e voto".
Os veciños consideran que son "parte implicada e, sen dúbida, os máis prexudicados" polas decisións que se adopten nese ámbito.
Por outra banda, os membros desta plataforma aseguran estar "atónitos" ante as "versións diferentes" que a Xunta e o Concello ofrecen sobre o tratado nesa mesa, polo que a veciñanza prefire "formar parte dela para ser testemuñas directas do que alí se fala".
Aínda que esperan ter un "aliado" no Concello de Pontevedra, están "convencidos" de que ninguén vai defender os seus intereses mellor que eles mesmos.