A vaga de crematorios en Pontevedra acende o pleno da corporación municipal

Pontevedra
30 de outubro 2012

Duro cruce de acusacións entre Jacobo Moreira e Antón Louro sobre a actuación municipal ao respecto dos catro proxectos de tanatorios-crematorios que se pretenden instalar en Pontevedra. O BNG respaldou ao seu socio de goberno

"Vostede é un carroñero", díxolle Antón Louro a Jacobo Moreira. "Non nos meta de cheo en algo que sabe que é ilegal", foi o comentario de César Mosquera ao voceiro do PP. E Moreira non se quedou calado. Desde un "vostede cre que a xente é parva", dedicado a Louro, ou un "para experto en triquiñuelas, Raimundo González", aos edís do BNG. E todo pola pretendida instalación de ata catro tanatorios-crematorios en Pontevedra. Un asunto que acendeu o pleno da corporación municipal.

Todo comezou cunha moción presentada polo PSdeG-PSOE. Nela, os socialistas propoñían, segundo defendeu o seu voceiro, Antón Louro, dirixirse á Xunta de Galicia para que reforce o regulamento nesta materia, "para dar seguridade e dotar dun marco regulado axeitado a todo o territorio galego", ao recordar que o Concello de Pontevedra só ten competencias en materia urbanística "e as licenzas están reguladas".

En concreto, piden á Consellería de Sanidade que revise o decreto de policía sanitaria e mortuaria e estableza unha franxa de separación ás vivendas para este tipo de instalacións; e á Consellería de Medio Ambiente que revise o decreto de avaliación de incidencia ambiental "para extremar os principios de prudencia e cautela no que atinxe ás instalación de cremación de cadáveres".

Pero o PP presentou unha moción paralela na que instaba ao Concello de Pontevedra a elaborar unha ordenanza que prohiba a instalación de fornos crematorios en solo urbano residencial e en núcleos rurales, así como nun radio de distancia ás vivendas que determinen os servizos técnicos. Ata a súa aprobación, nun prazo de 15 días, o goberno local debería absterse de conceder licenza algunha no término municipal de Pontevedra.

A partir de aí, o enfrentamento. Esta enmenda, segundo Antón Louro, "só busca enredar, marear e desenfocar un problema que neste momento desperta certa preocupación e temos que tratar coa maior seriedade posible". E foi entón cando acusou ao voceiro popular, Jacobo Moreira, de actuar "cunha dose de demagoxia desafortunada e impropia", ao estar, denunciou, "utilizando e instrumentalizando os sentimentos dos cidadáns con fins electorais".

"ÿ unha falta de respecto e o único que fan é botar balóns fora cara outras administracións", denunciou o voceiro do PP sobre a actitude do goberno local

E Moreira respondeu. Denunciou que o goberno local comezou a preocuparse deste asunto "cando se aproxima o problema ao centro" e non cando unha empresa solicitou licenza para abrir un crematorio en Mourente. Alí os veciños, dixo o edil popular, seguen esperando a que o Concello responda aos seus alegaciones. "ÿ unha falta de respecto e o único que fan é botar balóns fora cara outras administracións".

A orixe do problema, segundo Jacobo Moreira, está na ausencia dun PXOM en Pontevedra. Se o houbese, dixo, "decidiriamos nós onde queremos que estean os crematorios, pero ao non telo, as empresas son as que deciden onde instalarse". E propuxo a redacción dunha ordenanza que regule a distancia mínima dos tanatorios aos núcleos habitados, ou aprobar un avance do PXOM "que suspendería as licenzas". Se non saben como, dixo Moreira, "pregúntenlle a Raimundo que é experto en triquiñuelas".

Pola súa banda, desde as filas nacionalistas, César Mosquera quixo poñer certa cordura sobre o debate. Asegurou que "é obvio que temos un problema enriba da mesa" e apuntou que a solución pasaría porque as empresas interesadas "se poñan de acordo e fagan un crematorio en Pontevedra e se poña nun sitio sensato". Trátase, dixo, dunha medida que pasaría porque "haxa certa presión, indución e diálogo coas empresa, porque aquí catro crematorios non hai quen os asuma. Van arruinarse entre eles cunha guerra absurda".

"ÿ impresentable e intorable o que está facendo. Non se instale na irresponsabilidade e non remova os sentimentos da xente", lle dixo Louro a Moreira

Pero Antón Louro seguiu co ataque. "ÿ impresentable e intorable o que está facendo. Non se instale na irresponsabilidade e non remova os sentimentos da xente", dixo en relación a Moreira, tralas súas críticas á actuación municipal. "O único que non fai nada é vostede. O único que fai é aproveitar a situación en plan carroñero. ÿ dificil facer unha intervención cunha dose de demagoxia tan grande, é brutal".

O portavoz socialista insistiu en que o PP "olvídase dunha administración autonómica que ten competencias e que non fai uso delas" e anunciou que todas as alegaciones serán estudadas e consideradas polo Concello, antes de ser trasladadas á Xunta de Galicia. "Dentro do ordenamento xurídico vixente estarei sempre ao lado dos veciños, atendendo ás súas preocupacións", concluíu.

Finalmente no pleno, que foi interrompido en varias ocasións por comentarios dos veciños afectados polos crematorios (tanto que ata o alcalde chamoulles a atención), aprobouse a moción do PSdeG-PSOE, cos votos a favor do goberno municipal e a abstención do PP; mentres que a proposta popular foi rexeitada por BNG e PSOE. Para os veciños? Todo segue igual, de momento.