O equipo de goberno da Universidade de Vigo fixo público un Manual de Urxenciapara a docencia e a avaliación durante o COVID19 no que ofrece orientación ao profesorado sobre as posibilidades para avaliar aos alumnos a distancia. O documento tamén inclúe un resumo das resolucións adoptadas ata o de agora. Con todo, a entidade académica lembra que son os centros os que en última instancia decidirán as alternatvas que mellor se adaptan ás súas circunstancias, en caso de habelas.
Mentres, nesta segunda quincena de abril celebrarase unha reunión entre a Secretaría Xeral de Universidades e o Sistema Universitario de Galicia para avanzar en cuestións como modificación do calendario de acordo coa situación de pandemia e en maio poñeranse en marcha os exames virtuais nas súas diferentes modalidades. O vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado Manuel Ramos, sinalaba que "aínda que todo o que sexa chegar a acordos é bo, sempre dispoñeremos da nosa autonomía se nalgún aspecto non se alcanza unha postura común".
No que respecta ao calendario, o criterio desta Vicerrectoría é tentar manter as datas de avaliación previstas, de forma que se fose posible, en xullo faríanse os exames presencialmente e só valoraríase aprazar a finalización do curso como mínimo ata setembro, en casos de titulacións con prácticas hospitalarias, practicum ou prácticas en empresas, e que non se puideron realizar antes. Procuraríase nestes casos, que se fixesen en xullo e agosto, para poder terminar en setembro.
As recomendacións sobre avaliación neste cuadrimestre ponderan por exemplo, a avaliación contínua á de exame final. Naquelas materias que o requiren, este manual indica que deberá adaptarse á situación de non presencialidad e que tenderá ao peso máis baixo posible no cálculo da nota final.