A sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE, a debate na UNED da man de Patricia Vilán

Pontevedra
29 de marzo 2023

A conferencia, organizada polo departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, terá lugar o próximo 14 de abril no Salón de Actos do centro en Monte Porreiro

Patricia Vilán, deputada do PSdeG-PSOE, no Parlamento
Patricia Vilán, deputada do PSdeG-PSOE, no Parlamento / PontevedraViva

A recente sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE que valida a prórroga da empresa para permanecer en Lourizán será protagonista dunha cita no Centro da UNED en Pontevedra: unha conferencia protagonizada pola avogada  e ex deputada socialista Patricia Vilán.

Será o 14 de abril, a partir das 18 horas, no salón de actos da UNED en Monte Porreiro

A actividade divulgativa, promovida polo departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, busca realizar unha análise dos aspectos máis relevantes da sentenza desde unha perspectiva estritamente técnico-xurídica

A presentación da conferenciante correrá a cargo de Víctor M. González Sánchez, director do Centro Asociado en Pontevedra e do Campus Noroeste da UNED.

Esta conferencia enmárcase tamén nas actividades que desde a dirección do centro están a levarse a cabo ao longo deste ano en coincidencia conmemorativa coa celebración do 50 aniversario do inicio da actividade da UNED en Pontevedra.