A seca deixa sen auga varios tramos do río Gafos

Pontevedra
24 de agosto 2022

A asociación Vaipolorío alerta da situación que se está a detectar este mércores 24 de agosto no leito de diferentes zonas polas que atravesa o río. A carencia de caudal provoca a aparición de troitas mortas no curso medio

Alevín de troita morto no leito do río Gafos
Alevín de troita morto no leito do río Gafos / Vaipolorío

Integrantes da asociación ecoloxista pontevedresa Vaipolorío alertan da grave situación que atravesa o río Gafos durante este mércores 24 de agosto.

Segundo a información que trasladan, ao realizar un percorrido polas zonas que cruza este río que desemboca na ría de Pontevedra atópanse tramos completamente secos, debido á ausencia de choivas persistentes durante as últimas semanas.

Ao longo do leito compróbase tamén a presenza sobre o fondo de alevíns de troita mortos no curso medio.

Esta asociación ten previsto realizar o vindeiro domingo 28 a última xornada de limpeza da campaña de verán deste río que baixa por Tomeza ata chegar ao centro urbano.

Arquivado en