A rexuvenecer co baile na praza da Peregrina!

Pontevedra
20 de xuño 2024

A UNED Sénior trasladaba a súa clase final de curso de Bailoterapia ao centro de Pontevedra para presentar as coreografías que o alumnado, todo maior de 55 anos, foi aprendendo ao longo deste ano académico baixo a dirección do profesor Luciano Ricardo Gomes dos Santos

Clase de Bailoterapia da UNED Sénior / Mónica Patxot

Un grupo de cen estudantes maiores de 55 anos tomaban este xoves 20 a Praza da Peregrina para ofrecer unha exhibición das diversas coreografías que levan practicando ao longo do curso académico da UNED Sénior.

Numerosos viandantes quedaban sorprendidos ante o ritmo e o bo facer destes entusiastas bailaríns que mostraban bailes latinos baixo a dirección do profesor Luciano Ricardo Gomes dos Santos.

Tras a espectacular sesión, o docente recibía unha banda por parte do alumnado dedicada "ao mellor profesor".

Todos os participantes din que ao longo do curso aprenderon moitísimo sobre ritmo e, sobre todo, gozaron intensamente das clases de Bailoterapia que a UNED ofrece en Pontevedra.

Rafael Cotelo Pazos, coordinador de Extensión universitaria e de Actividades Culturais, era o encargado de clausurar o acto co desexo de que aumente o número de participantes para o próximo curso.