Unha representación da plataforma 'Non crematorios Pontevedra Leste' achegouse este xoves 26 ata o rexistro municipal para presentar unha alegación xeral á instalación do crematorio que a empresa Funespaña ten previsto instalar en San Amaro. Segundo explicou o voceiro veciñal do colectivo afectado, José Luis Calvo, a alegación céntrase na necesidade de compatibilizar saúde e industria pero mostrando o desacordo dos veciños a que se poñan crematorios "ante as portas das nosas casas". Calvo engadiu que "yo soy el primero que irá a un crematorio cuando me toque pero yo no quiero contaminar a mis vecinos. Las razones por las que aquí se hace un traje a medida para una empresa, tenéis que preguntárselo a la otra parte", en referencia ao goberno local".
O próximo luns 30 entregarán ao redor de 200 alegacións particulares que irán na mesma liña da xeral. E a partir dese momento centraranse na recollida de firmas, unha campaña na que suman xa máis dun millar de apoios. O voceiro indicou que "sempre parece que é un problema da Parda, pero é un problema de todos. Segundo sopre ou aire tocará a unha parte distinta de Pontevedra".
Durante estas festas do Nadal decidiron suspender as concentracións de protesta. O xoves 9 de xaneiro volverán saír á rúa para realizar unha manifestación na Avenida Juan Carlos I á que continuarán outras marchas co obxectivo de organizar unha gran mobilización no centro da cidade. José Luis Calvo afirma que as asociacións veciñais de Vilaboa, Mourente e Salcedo lles están a apoiar nesta loitan contra a instalación do crematorio na Parda. Asegura tamén que un pequeno empresario lles vai financiar unha campaña de publicidade para distribuír panfletos.
Dende a Plataforma sinalan que os grupos municipais do PSOE e do BNG continúan mantendo as súas posturas en contra das opinións veciñais:"O PP brinda a súa colaboración. O BNG e o PSOE están encerrados e de espaldas ao pobo e aos cidadáns. Eles poden reivindicar que Celulosas contamina pero non queren que nós digamos que os crematorios contaminan. Que lle expliquen ao pobo as súas contradición. Nós témolas claras".