A Plataforma Non Crematorios interrompe o pleno de Pontevedra

Pontevedra
21 de xullo 2014

Ao pouco tempo de arrancar a sesión o voceiro da plataforma, José Antonio Ramírez, pediu a palabra. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recordoulle que a normativa impide ao colectivo intervir no pleno por non estar rexistrado e recordou que a cuestión que queren formulan xa foi debatida en varias ocasións neste mesmo foro

A Plataforma Non crematorios interrompe o pleno de Pontevedra / PontevedraViva

Tal e como anunciaran os membros da Plataforma Non Crematorios de Pontevedra acudiron ao Pleno municipal coa intención de "obter respostas e facerse oir".

Ao pouco tempo de arrancar a sesión o voceiro da plataforma, José Antonio Ramírez, pediu a palabra. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recordoulle que a normativa impide ao colectivo intervir no pleno por non estar rexistrado e recordou que a cuestión que queren formulan xa foi debatida en varias ocasións neste mesmo foro.

Ramírez Amor anunciou que non faría falta que a súa plataforma se reúna cos políticos se estes durante o pleno responden a unha batería de preguntas que dos afectados. O alcalde reiterou que non había lugar para esta intervención retomando a orde do día do pleno.