A Plataforma Non Crematorios insiste na necesidade de abrir o diálogo co Goberno Local

Pontevedra
19 de xaneiro 2014

Desde a Plataforma consideran que se fai necesario parar os plans de execución dos crematorios, e abrir un diálogo cos veciños de Pontevedra Leste que din estar apoiados por organizacións veciñais de Mourente, Salcedo, Campolongo, Arzobispo Malvar Zona Centro, Federación de Asociacions Teucro e veciños de Bértola

Concentración veciñal contra a instalación de crematorios en San Mauro
Concentración veciñal contra a instalación de crematorios en San Mauro / Diego Torrado

A Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste, valorou nun comunicado coma "positiva" a intención do grupo municipal do Partido Popular de alegar en contra da modificación puntual do PXOM, "que favorece o proxecto de crematorio de Funespaña".

Consideran desde esta Plataforma que o apoio do grupo popular "supón un cambio sustancial" que ven a sustentar a súa reivindicación de que "non hai xustificación para reducir a distancia entre as casas habitadas e os crematorios proxectados de 500 metros a 50 metros".

Insisten estes veciños que o lugar axeitado sería un polígono industrial "dada as características dos crematorios e as súas emisións contaminantes".

A Plataforma asegura que a na zona de Pontevedra Leste-A Parda-San Amaro "hai persoas habitando nas súas casas o mismo que no centro de Pontevedra, somos o 25% da poboación urbana de Pontevedra", por iso estes veciños síntense discriminados "porque no centro non se situaron eses proxectos e sí no noso barrio. ÿ unha decisión non equitativa".

Finalmente desde a Plataforma consideran que se fai necesario parar os plans de execución dos crematorios, e abrir un diálogo cos veciños de Pontevedra Leste que din estar apoiados por organizacións veciñais de Mourente, Salcedo, Campolongo, Arzobispo Malvar Zona Centro, Federación de Asociacions Teucro e veciños de Bértola.