A Plataforma Non Á Ampliación da Depuradora dos Praceres, xurdida en oposición aos proxecto da Xunta de Galicia para a parroquia de Lourizán, fai un chamamento aos pontevedreses a sumarse a unha concentración convocada para este sábado 12 de xaneiro na cidade de Pontevedra.
A concentración está convocada para as 18.00 horas na praza da Peregrina e levará por lema 'Si ao saneamento integral da Ría. Non á ampliación da depuradora'.
Con esta concentración, os afectados buscan que o resto dos pontevedreses e veciños da comarca amosen a súa solidaridade con esta parroquia que consideran que é "mártir" e que está sendo "castigada durante décadas, agresión tras agresión".
Ademais de amosar o seu rexeitamento ao proxecto de ampliación da actual EDAR, buscan reivindicar a necesidade de abordar o saneamento da Ría de Pontevedra de maneira integral, sentando a todas as partes implicadas na búsqueda dun modelo que sexa racional e sustentable e asumindo todos os concellos a sua responsabilidade.
Na súa opinión, nestes últimos meses púxose de manifesto que a Xunta de Galicia aposta pola alternativa máis económica, que pasa por entubar todas as augas residuais domésticas e industriais do fondo da ría a un único punto, triplicando a EDAR actual, situada ao pé do banco marisqueiro máis importante da zona e aumentando en miles de meros cadrados a ocupación. Con este proxecto, consideran que non teñen en conta o "sufrimento de Lourizán nin o dano ao medio ambiente".
Tamén consideran que con esta alternativa a Xunta ignora a vontade dos pontevedreses, expresada a través do rexeitamento unánime do Pleno municipal á ampliación. "É nunha fuxida cara adiante, quere colar pola porta de atrás o proxecto de novo emisario submarino, que só se xustifica coa ampliación posterior", engaden.