A Plataforma Non á Ampliación da Depuradora de Praceres repudia o concurso de mellora da EDAR por falar da "necesidade de ampliación" motivo polo que denuncian "as trampas e mentiras da Xunta de Galicia".
"Non é de recibo que mentres declaran na prensa ou no Parlamento galego que a decisión sobre a posible ampliación aínda non está tomada, os feitos demostren o contrario", afirma esta Plataforma nun comunicado.
Para este colectivo a Xunta está a dar pasos para, chegado o momento, poder xustificar a ampliación da EDAR, sinalando ao "colector de Marín, o novo emisario, como xa se denunciou, e agora a mellora da depuradora".
Tamén tachan de "covardía" que na Xunta "aparquen a ampliación ata pasar as eleccións polo rexeitamento que provoca".