A plataforma anti planta de compostaxe inicia mobilizacións

Pontevedra
01 de marzo 2015

Así se decidiu este sábado nunha asemblea celebrada na Casa de Cultura de Pontesampaio na que se acordou acudir ao pleno municipal que convocado para o luns no Teatro Principal. Esta plataforma está integrada por diferentes colectivos dos concellos de Pontevedra, Ponte Caldelas, Vilaboa e Soutomaior, que se consideran afectados polos efectos negativos que, ao seu xuízo, terá a que eles denominan "Sogama do sur"

Asemblea da plataforma anti planta de compostaxe
Asemblea da plataforma anti planta de compostaxe

A recén constituída plataforma anti planta de compostaxe arrancará este luns coas súas mobilizacións. Así se decidiu este sábado nunha asemblea celebrada na Casa de Cultura de Pontesampaio na que se acordou acudir ao pleno municipal que convocado para o luns no Teatro Principal.

Esta plataforma está integrada por diferentes colectivos dos concellos de Pontevedra, Ponte Caldelas, Vilaboa e Soutomaior, que se consideran afectados polos efectos negativos que, ao seu xuízo, terá a que eles denominan "Sogama do sur", é dicir, o proxecto de planta de compostaxe que promoven o Concello de Pontevedra e a Deputación provincial.

Á asemblea do sábado acudiron unhas 250 persoas, pero será difícil que para este luns se poidan reunir tantos veciños para asistir á sesión plenaria, segundo consideraron os voceiros desta plataforma.

Arquivado en