A plataforma anti-compostaxe fretará autobuses para acudir a protestar ao pleno e manifestarase o 7 de maio

Pontevedra
23 de abril 2015

O voceiro do colectivo, Ramón Agulla, rexeitou que esta mobilización teña "tinte político" pero esixe o PSOE e o PP que "firmen" que a planta de compost "no se va a hacer ahí"  

Protesta da plataforma anti planta de compost antes do Pleno municipal
Protesta da plataforma anti planta de compost antes do Pleno municipal / Mónica Patxot

A plataforma anti-compostaxe anunciou este mércores unha serie de medidas de presión para protestar contra o proxecto de instalación dunha planta de compost no monte da Canicouva.

Este próximo luns esta plataforma fretará varios autobuses para que os opositores a este proxecto auspiciado polo BNG acudan ao Pleno Municipal dende a parroquia de Pontesampaio ou dende os municipios veciños de Ponte Caldelas e Soutomaior.

Ademais, o voceiro do colectivo, Ramón Agulla, anunciou que para o próximo 7 de maio convocaron unha concentración ás 20,00 horas na praza da Ferrería, seguida dunha manifestación polas principais rúas da cidade, ata a praza de España.

Esixen ó PSOE e ó PP que "firmen" que a planta de compost "no se va a hacer ahí"

Neste sentido, Agulla fixo un chamamento á cidadanía da zona urbana para que se adhira a esta causa contra a que denomina "a Sogama do sur".

A plataforma anti-compostaxe tamén estuda a posibilidade de emprender accións legais contra esta iniciativa.

Ramón Agulla rexeitou que esta mobilización teña " tinte político" pero esixe o PSOE e o PP que "firmen" que a planta de compost "no se va a hacer ahí".

Arquivado en