A planta de compost, ao Parlamento: o PSdeG-PSOE desconfía do apoio da Xunta ao proxecto

Pontevedra
13 de xaneiro 2015

As palabras da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas demostran, segundo o socialista Agustín Fernández, que este proxecto "vai máis alá" da planta de compostaxe que se anunciou e que será o "embrión" do que, entre outros, rexeitaron os veciños do Irixo ou Carballeda de Avia, e que converterán a Pontevedra "no centro de tratamento de lixo de todo o sur de Galicia"

Antón Louro e Agustín Fernández, xuntos en rolda de prensa
Antón Louro e Agustín Fernández, xuntos en rolda de prensa

A entrada en escena da Xunta de Galicia, que este luns expresou a súa "satisfacción" ante o proxecto da planta de compostaxe de Pontevedra, animou o PSdeG-PSOE a levar este asunto ao Parlamento galego. Farano mediante unha proposición non de lei que presentará a deputada Patricia Vilán e na que, a falta de que se concrete a súa redacción, preguntarán sobre este apoio do goberno autonómico a esta planta na Canicouva.

As palabras da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas demostran, segundo o socialista Agustín Fernández, que este proxecto "vai máis alá" da planta de compostaxe que se anunciou e que será o "embrión" do que, entre outros, rexeitaron os veciños do Irixo ou Carballeda de Avia, e que converterán a Pontevedra "no centro de tratamento de lixo de todo o sur de Galicia".

Agustín Fernández, que será o candidato do PSdeG-PSOE en Pontevedra nas próximas eleccións municipais, afirmou que " se xa estabamos en contra, o nivel de preocupación aumenta e debe alertar a todos os veciños".

Segundo o socialista esta planta de compostaxe, que cualificou como "chapuza", necesitaba inicialmente unhas dúas hectáreas e agora xa estamos en dez e ampliables". Por iso, considera que é lóxico pensar que Pontevedra recibirá no futuro "todo o lixo da provincia", salvo o de Vigo. ÿ dicir, unhas 70.000 toneladas de residuos ao ano.

Coa proposición de lei que presentarán no Parlamento autonómico, o PSdeG-PSOE espera que os deputados de BNG e PP -entre os que está o voceiro popular en Pontevedra, Jacobo Moreira- se posicionen ao respecto deste proxecto e rexeiten situar esta planta na parroquia da Canicouva.

MOREIRA: "EN SU DESESPERACIÿN, ESTÁN INVENTÁNDOSE COSAS"

Con respecto a este asunto, o propio Jacobo Moreira criticou que os socialistas "en su desesperación, están inventándose cosas" e descartou que, en todo caso, se pense en construír en Pontevedra un centro de tratamento de lixos. "A la Xunta le parece bien y aplaude a cualquier concello que se preocupe de la gestión de sus residuos", explicou este martes en rolda de prensa.

Iso si, o PP local insiste en que non apoiarán que A Canicouva acolla a planta de compostaxe se, por exemplo en Ponte Sampaio, segue habendo rexeitamento veciñal. "Si la asamblea es representativa y hay un posicionamiento tajante de asociaciones y colectivos de la parroquia, estaremos con ellos", dixo Moreira, quen asegurou entender o malestar porque "yo tampoco querría que la pusieran al lado de mi casa".

Insistiu en que nos 120 quilómetros cadrados de superficie que ten o concello de Pontevedra "hay ubicaciones adecuadas", pero non quixo citar ningunha porque "no nos corresponde a nosotros buscar los terrenos". En todo caso, criticou o escurantismo co que se xestionou esta busca e a falta de información aos afectados, máis alá da parroquia na que finalmente se instalará esta planta.

Arquivado en