A Comisión da Permanente da Federación de Asociacións de Veciños Castelao celebrada o pasado 6 de febreiro acordou apoiar as reivindicacións relativas á situación da planta de compost nos montes da Canicouva formuladas pola Asociación de Veciños de ponte Sampaio.
"O devandito apoio prodúcese debido á falta de información, por parte dos Organismos Oficiais para con esta Asociación", e entre outros cita a non exposición pública do acordo subscrito entre o Concello e a Comunidade de Montes da Canicouva, a exposición pública do informe de idoneidade dos terreos, o informe-estudo do impacto sobre a contaminación dos acuíferos próximos, impacto paisaxístico, proxecto de instalación, entre outros.