A Deputación emprende un proxecto de mantemento para os campos de fútbol provinciais

Pontevedra
30 de marzo 2017

A Deputación de Pontevedra puxo en marcha un proxecto de mantemento para arranxar todos os campos de fútbol da provincia. O programa consiste en ceder aos diferentes concellos maquinaria e equipo humano para a conservación dos terreos.

Apero cepillando céspede
Apero cepillando céspede

A Deputación de Pontevedra desenvolve un proxecto de mantemento para todos os campos de fútbol, tanto de herba natural como artificial, da provincia. O programa está presente no Plan Estratéxico de Deporte Provincial, o que confirma a restauración dos terreos. Para que os concellos poidan realizar os labores de mantemento, a Deputación cederá a maquinaria e o equipo humano necesario.

Poñerán á súa disposición un tractor e un apeiro subsolador-varredor e, grazas a eles, poderanse realizar diferentes labores de conservación. Nos campos artificiais a herba poderá ser limpada e, ademais, as ferramentas permiten quitar calquera elemento indesexable. Tamén se pode usar para descompactar o céspede ou para cepillar a cuberta para evitar que perda elasticidade. No caso dos campos de herba natural, tamén facilitarán o necesario para o seu escarificado, picado e sementa.

Deste modo, o organismo que preside Carmela Silva pon en marcha unha liña de actuación para evitar que os municipios utilicen os recursos do Plan de Concellos ou substitúan o recubrimiento de herba antes de que finalice a súa vida útil. A novidade do proxecto é que anteriormente non se contemplaban o mantemento dos campos de fútbol de herba artificial.

Son os propios concellos quen deben solicitar o persoal e maquinaria necesaria a través dunha instancia que se atenderá por orde de rexistro. As alcaldías deberán proporcionar caucho ou espazo para a receba. Por outra banda, deben limpar os canlóns perimétricos que permiten a drenaxe do campo e supervisar as xuntas da moqueta artificial. No caso dos campos de herba natural os concellos só deben contribuír coas sementes para cubrir as zonas despexadas.