AJE Pontevedra decidiu premiar unha andaina empresarial que empezou hai 80 anos, a da conserveira Orbe, agora instalada no polígono empresarial da Reigosa.
A presidenta dos novos empresarios pontevedreses, Lucía Pedroso, destacou que á fronte desta empresa familiar con 149 empregados atópase a terceira xeración con todas as consecuencias que isto adoita implicar.
O actual xerente, Juan José Vicente Álvarez, explicou a PontevedraVivaos seus plans de expansión que inclúen trasladar a Ponte Caldelas o actual almacén situado en Vigo e ampliar entre 80 e 90 persoas máis o seu persoal.
Juan José Vicente lembrou os inicios do seu avó en 1937 nun garaxe de Vigo traballando con produtos salgadura para máis adiante especializarse na fabricación de conservas de peixe.
Ao longo destes 80 anos tiveron que axuntar esforzos para superar unha guerra civil e unha guerra mundial, a desaparición progresiva dos nosos caladoiros, a innovación tecnolóxica e a modernización da maquinaria entre outros, desafíos que supuxeron un reto para a supervivencia empresarial da fábrica. Como curiosidade, Orbe foi a primeira conserveira en incorporar as chaves nas latas para abrilas.
Juan José Vicente Álvarez desvelou que unha das claves do seu éxito é que exportan a maioría da súa produción con 241 referencias de produtos xa que traballan a medida do que o mercado lles demanda. Da nave da Reigosa saen unhas 150.000 latas diarias na actualidade.
O acto de entrega do galardón honorífico celébrase o 11 de novembro no Liceo Casino de Pontevedra.