A pesar dos orballos durante a mañá do luns, Meteogalicia informa de que Pontevedra atoparase baixo a influencia anticiclónica, o que deixará ceos parcialmente despexados a partir do martes.
O martes 20 de marzo, a influencia anticiclónica deixará intervalos de nubes e claros, con temperaturas en lixeiro descenso. Espéranse temperaturas mínimas de 3 graos e máximas de 12. Os ventos do nordeste serán de carácter moderado.
Durante a xornada do mércores 21, os ceos continuarán con intervalos de nubes e claros, lixeiramente máis despexados que o martes. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, deixando mínimas de 4 graos e máximas de 14. Os ventos do nordeste soprarán moderadamente ata a noite, que serán frouxos.
O xoves 22, manteranse os ceos pouco nubrados con temperaturas mínimas de 5 e máximas de 15 graos. O venres 23, as borrascas atlánticas e os ventos oeste-noroeste traerán novamente as choivas á comarca. As temperaturas descenderán, deixando os termómetros durante o fin de semana con temperaturas mínimas de 8 graos e máximas de 13 e 15.