A Cámara de Comercio e ENCE volven premiar a innovación forestal con 11.000 euros

Pontevedra
30 de xuño 2020

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa convoca a terceira edición do Premio Cámara de Comercio-Ence á innovación forestal, financiado con cargo  aal Plan Social de Ence, e que amplía a súa cobertura establecendo as categorías de Mellor iniciativa empresarial, e de Premio de Investigación para o mellor traballo de post-grao 

III Premio Cámara de Comercio – ENCE á Innovación forestal
III Premio Cámara de Comercio – ENCE á Innovación forestal

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa anuncia que abre a convocatoria da terceira edición do Premio Cámara de Comercio-Ence á innovación forestal, que repartirá un total de 11.000 euros en premios. 

O premio, financiado con cargo ao Plan Social de Ence, amplía a súa cobertura establecendo as categorías de Mellor iniciativa empresarial, e de Premio de Investigación para o mellor traballo de post-grao.

O galardón á iniciativa empresarial estará dotado cun importe de 5.000 euros, e concederase un accésit de 2.000. O premio ao mellor traballo de investigación de posgrao terá unha dotación económica de 3.000 euros e, igualmente, concederase un accésit de 1.000.

No apartado do premio á mellor iniciativa empresarial, pode participar calquera persoa física ou xurídica que conte cun proxecto innovador no sector forestal, referido tanto a procesos, produtos ou servizos que se traduzan nunha demostrada xeración de valor. A iniciativa pode estar xa en desenvolvemento, e corresponder a unha empresa xa existente, sempre que o proxecto executouse dentro dos últimos 24 meses a contar desde a data de publicación desta convocatoria. Os proxectos aínda non iniciados deben iniciar a súa actividade dentro dos 12 meses posteriores á convocatoria. En calquera caso, deben desenvolverse, polo menos en parte, en Galicia.

No apartado do premio de investigación para o mellor traballo de posgrao, poderán participar estudantes de post-grao ou post-doutorais con experiencia docente ou investigadora inferior a 5 anos, ou grupos integrados polos mesmos, sempre que a participación destes sexa maioritaria, con traballos ou publicacións presentadas nos últimos 36 meses contando a partir da data de publicación da presente convocatoria, e sempre que tales traballos se refiran, polo menos en parte, á problemática forestal de Galicia.

As bases do premio están dispoñibles na web da Cámara de Comercio e os proxectos poderán presentarse ata o 23 de outubro de 2020.